Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.004

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 308/1998, do 6 de novembro, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Vilariño, primeiro sector (Cambados-Pontevedra).

Advertidos erros mecanográficos no citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 225, do 19 de novembro de 1998, cabe efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 12.418, onde di: «A parroquia de Vilariño, que pertence ó concello de Cambados, está situada ó oeste da provincia de Pontevedra, resultando afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 100 ha», debe dicir: «A parroquia de Vilariño, que pertence ó concello de Cambados, está situada ó oeste da provincia de Pontevedra, resultando afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 285 ha».

-Na mesma páxina, onde di: «Artigo 2º. O perímetro da zona será, en principio, o correspondente a unha parte dos terreos da parroquia de Vilariño...», debe dicir: «Artigo 2º. O perímetro da zona será, en principio, o correspondente a unha parte dos terreos da parroquia de Vilariño (A Bouciña, Cacabelos, Casas Novas, Covas de Lobos, Cruceiro, Fornos, A Laxe, Quintáns e A Telleira)...».