Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de febreiro de 1999 pola que se autoriza o cesamento de actividades do segundo ciclo de educación infantil no centro privado Rapaciños de Ribeira.

Examinado o expediente incoado polo centro privado Rapaciños de Ribeira polo que se solicita o cesamento de actividades do segundo ciclo de educación infantil no dito centro,

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 1 de abril de 1993, a autorización excepcional e transitoria para unha unidade do 2º ciclo de educación infantil,

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve,

Visto o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Código do centro: 15022051.

Concello: A Coruña.

Localidade: Ribeira.

Enderezo: Mariño de Ribeira, 19.

Denominación: Rapaciños.

Titular: María del Pilar Molina Golderos.

Autorización do cesamento de actividades do segundo ciclo de educación infantil.