Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

De conformidade co sinalado no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno de Cangas, en sesión con data do 30 de maio de 1998, adoptou o seguinte acordo:

1. Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas de parcelación de terreos, edificación e demolición en toda a área do ámbito do Plan especial de protección e reforma interior da zona vella de Cangas (ordenanza URNA das normas subsidiarias de planeamento municipal).

2. A suspensión non afectará a aquelas licencias que se soliciten ó amparo do réxime vixente, sempre que se respeten as determiancións do novo planeamento previstas no avance presentado polo equipo redactor.

Contra o acordo de supensión mencionado poderá interpoñerse no prazo de dous meses seguintes ó da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación ó órgano que o dictou, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que estime procedente.

Cangas, 8 de febreiro de 1999.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde