Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público 2/1999, tramitación urxente, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para unidade de seroloxía do servicio de laboratorio do centro.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 ( DOG nº 88, do 11 de maio) ,convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, tramitación urxente, da adquisición de reactivos e demais subministracións para a realización de probas analíticas para

a unidade de seroloxía do servicio de laboratorio do centro.

Obxecto e orzamento: a adquisición de reactivos e demais subministracións para a realización de probas analíticas por un orzamento máximo de 13.200.000 ptas., (79.333,598 euros.) IVE incluído.

Prazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo de 15 días desde a adxudicación, o resto segundo as necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio do centro.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300) teléfono: 988 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas sesenta e catro mil pesetas ( 264.000 ptas., 1.586,672 euros), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en diante, LCAP).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación: prezo ata 50 puntos, equipamento técnico ata 40 puntos, asistencia técnica ata 10 puntos.

Admisión de variantes: non se admitirán a presentación de variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proprosicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en

sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 2 de marzo de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras