Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/72-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Padrón.

Enderezo social: Xeneral Franco, s/n, 15000 Padrón.

Denominación: planta de coxeración no Souto.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: planta de coxeración cun grupo motor-xerador de 500 kV de potencia, tensión de xeración 380/220 V, que utilizará gasóleo como combustible. Localización: campo da feira, s/n O Souto-Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña