Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.970

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (118/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 118/1998-10, por instancia do axente da policía local 47 contra Jesús María Cendán Diéguez nas actuación do cal se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva din:

Sentencia

En nome de súa maxestade El-Rei, en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1998, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia núm. 118/1998, no que actuaron como partes, como denunciante o policía local núm. 47 e como denunciado Jesús María Cendán Diéguez. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Jesús María Cendán Diéguez da falta que se lle imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou consti

tucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento no que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron realizadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencia de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Jesús María Cendán Vázquez expido e asino en Santiago de Compostela o quince de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado