Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.970

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística, a Marina Núñez Jiménez (praza 3/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística, a prol de Marina Núñez Jiménez, con documento nacional de identidade número 12.746.707, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Marina Núñez Jiménez profesora titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada,

que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Vigo, 24 de febreiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo