Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO.

O Concello Pleno, o 30 de decembro de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas para o alleamento mediante poxa de parcelas -masas comúns- da zona de concentración parcelaria de Pedroso. O expediente pode examinarse nas oficinas de secretaría da casa do concello. As proposicións poden presentarse no prazo de 20 días seguintes ó da publicación do último anuncio no BOE.

Narón, 26 de xaneiro de 1999.

Juan Gato Díaz

Alcalde