Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7002; XG-376, entre A Coruña e o aeroporto de Lavacolla, con anexos: V-7002; XG-376, por substitución da concesión: V-7002; XG-376, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 17 de decembro de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo,

á empresa Labacolla, S.A. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7002; XG-376, entre A Coruña e aeroporto de Lavacolla, con anexos, por substitución da concesión: V-7002; XG-376, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* A Coruña, Avda. Alfonso Molina, Sigüeiro, San Lázaro e aeroporto de Lavacolla.

* Sigüeiro e aeroporto de Lavacolla.

II. Prohibicións de tráfico.

* O servicio realizarase a porta pechada entre A Coruña e o aeroporto de Lavacolla, sen ningunha parada intermedia.

III. Expedicións.

A Coruña-Sigüeiro-aeroporto de Lavacolla (69 km):

* Unha expedición de ida e tres de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e dúas de volta os sábados, domingos e festivos.

A Coruña-San Lázaro-aeroporto de Lavacolla (80,3 km):

* Dúas expedicións de ida de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida os sábados, domingos e festivos.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 12,2621 pesetas.

-Tarifa usuario: 13,120 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,8393 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencio

de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes