Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.896

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (51/1998-1).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do 10 de febreiro de 1999, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 51/1998-1, por instancia de Teresa Vázquez Noya e Jesús Vázquez Miramontes, para facer constar no Rexistro da Propiedade a inmatriculación en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Predio a soar de 54,06 m. Linda nos seus antigos propietarios titulares, norte, horta da casa número 2 de Tras do Pilar; sur, campo da Rapa da Folla; leste, cada número 34 da Rapa da Folla; e oeste, casa número 32 da Rapa da Folla. Actualmente este predio forma parte da parcela D cunha cota de participación de 8,4922%.

Polo presente edicto cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no prazo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, dez de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado