Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de nove postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 11 de novembro de 1998 (DOG nº 226, do 20 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme ó establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 11 de novembro de 1998.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme ó establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1999.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude
ANEXO
NRP: 3259374635 A6006
Grupo: A.
Apelidos e nome: Rodríguez Rey, José Ramón.
Código do posto: FA.C99.20.902.15350.001.
Posto de traballo: Director O. E. 1.
Nivel: 25.
Dependencia: Oficina de Emprego do Inferniño.
Localidade: Ferrol (A Coruña).