Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 febreiro de 1999 pola que se dispón a execución de sentencias dictadas pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos recursos contencioso-administrativos 1/234/1995 e 1/203/1995.

Visto o testemuño da sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 1998, recaída no recurso contenciso-administrativo 1/234/1995, interposto por FETE-UGT contra orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con data do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20 de xaneiro), sobre instruccións en relación coas condicións de cobertura de distintos postos de traballo por funcionarios do corpo de mestres; da cal a súa decisión estima o recurso, sendo o seu pronunciamiento do seguinte teor:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto pola Federación de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores de Galicia contra os artigos 3 e 6, este último parcialmente, da Orde do 4 de xaneiro de 1995 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pola que se dictan instruccións en relación coas condicións de cobertura de distintos postos de traballo por funcionarios do corpo de mestres e, en consecuencia, anulámo-los ditos artigos 3 e 6, o primeiro dos cales en canto trata da adscrición a postos de apoio de carácter administrativo, e o segundo en canto se ocupa das comisións de servicio de carácter humanitario e admite a reserva de posto de traballo; sen facer imposición de custas».

E visto o testemuño da sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 11 de novembro de 1998, recaída no recurso contencioso-administrativo 1/203/1995, interposto por la Confederación Intersindical Galega contra orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con data do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20 de xaneiro), sobre instruccións en relación coas condicións de cobertura de distintos postos de traballo por funcionarios do corpo de mestres; da cal a súa decisión

estima o recurso, sendo o seu pronunciamento do seguinte teor:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto pola Confederación Intersindical Galega contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 4 de xaneiro de 1995, anulando esta por non ser conforme o ordenamento xurídico; sen facer expresa imposición de custas».

Na súa virtude, ó se-las devanditas sentencias firmes, e de acordo co disposto no artigo 103 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956 e na disposición transitoria cuarta da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

DISPOÑO:

Que se cumpran nos seus propios termos as referidas sentencias.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria