Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ARRENDAMENTO de equipamento.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado no arrendamento e mantemento de equipamento informático para Urxencias Sanitarias 061 de Galicia.

Nº expediente: 061/SER/004/99.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentar nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, de 9 a 12 horas, ata o 22 de marzo (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia no horario e prazo sinalados ou no teléfono: 981 54 67 64, fax: 981 54 67 28.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.