Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATACIÓN de obras de recuperación de mananciais, fontes e lavadoiros no municipio de Ourense.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

-Recuperación de mananciais, fontes e lavadoiros no municipio de Ourense. Proxecto técnico do arquitecto Roberto Rodríguez Martínez, con orzamento de 32.895.084 ptas, das que 30.256.560 lle corresponden á execución das obras e o resto ós honorarios da dirección técnica, ós que non se lles aplica baixa na poxa. Prazo de execución de 3 meses. Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 2, 5, 6, 8, categoría c.

Ourense, 1 de marzo de 1999.

O presidente

Rubricado