Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 4 de febreiro do ano en curso, o estudio de detalle nº 1 das normas subsidiarias de planeamento, do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no Art. 44.3º da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público, o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formulárense contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Este edicto inserirase no DOG e nun xornal dos de maior tirada de Galicia. O período para exame e presentación de reclamacións iniciarase en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 11 de febreiro de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde

2158