Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle do sólido K, polígono número 21 do PERI do Calvario (expediente 4828/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 9 de novembro, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle da parcela K do polígono nº 21 do PERI do Calvario, promovida por Miguel Delio García Mariño e redactada pola arquitecta Alba Rodríguez Álvarez con data de visado colexial do 11 de maio de 1998, coa documentación da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e inte

resados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 3 de decembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo