Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999 pola que se anuncian, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, as seguintes contratacións: asistencia técnica para a redacción do proxecto básico de rehabilitación de inmobles existentes nas illas de San Simón e Santo Antonio en Redondela (Pontevedra), desenvolvemento do plan director, servicio de desinsección de arquivos e museos xestionados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos:

1. Redacción do proxecto básico de rehabilitación de inmobles existentes nas illas de San Simón e Santo Antonio en Redondela (Pontevedra). Desenvolvemento do plan director.

Orzamento de licitación: 13.583.000 ptas. (trece millóns cincocentas oitenta e tres mil pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: trinta (30) días.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Desinsección de arquivos e museos xestionados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Orzamento de licitación: 2.285.000 ptas. (dous millóns duascentas oitenta e cinco mil pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: oito meses e medio (8,5).

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas particulares estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincide en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo