Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 28 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Euroarcilla, número 4869.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que José Blanco González, con domicilio na rúa Bande nº 6 (Ourense), presentou nesta delegación provincial o 11 de agosto de 1998, instancia-solicitude do P.I. Euroarcilla nº 4869 de 6 cuadrículas mineiras para recursos de arxila a sección C, no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense) e que lle correspondeu o nº 4869 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 38' 00''42º 19' 00''

Vértice 27º 37' 40''42º 19' 00''

Vértice 37º 37' 00''42º 18' 20''

Vértice 47º 38' 00''42º 18' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial, pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 28 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense