Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de montes.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 23 de novembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 27), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativos ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de montes.

Efectuada proposta pola citada comisión en sesión celebrada o 2 de marzo de 1999, unha vez elevada a ela e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de montes.

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 4 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-De conformidade co establecido na base 3.3 da Resolución do 23 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 27), como requisito indispensable para ser admitido nas listas, deberase proceder ó aboamento no mesmo prazo de 10 días, das seguintes taxas por dereitos de inscrición:

-Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiro de montes: 10.030 pesetas.

O aboamento das taxas efectuarase segundo o modelo anexo IV da Resolución do 23 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 231, do 27) nas entidades bancarias que se sinalan, debendo remiti-los interesados o dito anexo, no que figure o selo da entidade onde se realiza o ingreso ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

O non aboamento das taxas no prazo fixado suporá a exclusión automática da/s lista/s.

Unha vez trancorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública