Con data do 18 de xaneiro de 1999, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001614/1999 interposto por Luis Ángel Veiga Fernández contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva de data do 9 de outubro de 1998 ó recurso número 511 sobre candidatura para as eleccións á presidencia da Federación Galega de Tenis.
En consecuencia esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública