Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-328).

Por resolución desta alcaldía nº 533/1999, do 28 de xaneiro de 1999, acordouse o seguinte:

1. Aprobar definitivamente os estatutos e as bases de actuación en desenvolvemento da U.E. nº 33 Graxal, no Seixo-Liáns.

2. Nomear como representante municipal na xunta de compensación a Manuel Fernández Siso.

3. Publicar este acordo no DOG e no BOP.

4. Notificar individualmente a tódolos afectados requirindo os propietarios para que, se non solicitaron a súa incorporación á xunta, o efectúen, se o desexan, no prazo dun mes, contado a partir da notificación do presente acordo, coa advertencia da expropiación ou ocupación prevista no artigo 134 LSG.

5. Dilixenciar estatutos e bases.

6. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Tamén se poderá interpor recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Oleiros, 3 de febreiro do 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta