Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-8).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación do Plan Parcial nº 3 (P.P.-3) Caavamontes, parcela nº 181, en Perillo.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a última publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 17 de xuño de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta