Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Pola presente ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 28 de decembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o expediente de cuarta modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, comprensiva dunha única modificación referente ás aliñacións na Avenida de Arousa (C-550) e entroncamento coa praza de Pontevedra (N-550), de conformidade coa última proposta recollida no proxecto corrixido de setembro de 1998, redactado polo arquitecto técnico municipal Luis Guillermo Patiño Fernández. E que se continúe a tramitación do expediente de conformidade co determinado na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación de competencias en materia de urbanismo, para a súa entrada en vigor.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, en relación co artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, e o 7.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer

recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns BOP ou DOG, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontecesures, 4 de febreiro de 1999.

Victoriano Trenco Romay

Alcalde