Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

O Concello de Ponteceso, na sesión celebrada o día 23-2-1999, aprobou inicialmente o Plan Xeral

de Ordenación Municipal do Concello de Ponteceso, ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 64.2º.c da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, polo que se abre o trámite de información pública polo prazo dun mes (contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no diario La Voz de Galicia), segundo o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Nese prazo, tódalas persoas que se consideren afectadas poderán formula-las alegacións ou reclamacións que estimen oportunas.

Así mesmo, o Concello en Pleno acordou suspende-las licencias ás que se refire o artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento as novas determinacións do cal supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Esa suspensión extínguese coa aprobación definitiva do planeamento ou por un período máximo dun ano.

Ponteceso, 24 de febreiro de 1999.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde