Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de xestión e eliminación de residuos sanitarios específicos correspondentes a este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 6/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia. Rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de xestión e eliminación de residuos sanitarios específicos correspondentes ó Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Importe: 42.452.160 ptas. Corenta e dous millóns cincuenta e dúas mil cento sesenta ptas. IVE incluído.

255.142,620 euros. Douscentos cincuenta e cinco mil cento corenta e dous con seiscentos vinte euros. IVE incluído.

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

3. Lugar de execución: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescripcións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: admitiranse as ofertas que sen supera-lo orzamento máximo melloren as condicións técnicas esixidas.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: un ano, desde o 1 de abril de 1999 ou data da sinatura do contrato, se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse

nos termos que establece o artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: contratación administrativa. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Tfo.: 981 05 45 39. Fax: 981 54 01 49.

b) Data límite de recepción de ofertas: 12 de abril de 1999.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do 23 de abril de 1999.

10. Garantías esixidas.

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Consituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual por mensualidades vencidas, na forma que establece o punto 5.3 do prego de prescricións técnicas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

Prezo: ata 40 puntos.

Sistema de xestión: ata 40 puntos.

Sistema e control de calidade: ata 20 puntos.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

18. Data de envío do anuncio: 17 de febreiro de 1999.

19. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela