Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de accións de sensibilización e formación correspondentes ó proxecto Adapt «Emprende».

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de accións de sensibilización e formación correspondentes ó proxecto Adapt «Emprende».

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 5/99.

2. a) Obxecto do contrato: contratación dos servicios de desenvolvemento de accións de sensibilización e formación correspondentes ó proxecto Adapt «Emprende», desagregado en 3 lotes, que se relacionan a continuación:

Lote 1. Imparticion dun mínimo de 60 seminarios de difusión da cultura emprendedora e desenvolvemento dun banco de ideas e proxectos.

Lote 2. Impartición dun curso de técnicos en creación de empresas, dirixido ós membros da rede de axentes intermediarios.

Lote 3. Impartición de seminarios para a especialización de técnicos de promoción empresarial, dirixidos ós membros da rede de axentes intermediarios.

b) Vixencia: ata o 31 de decembro de 1999, podendo ser prorrogado dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: vintecinco millóns catrocentas trinta mil pesetas incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE). O dito orzamento máximo distribúese coma se sinala a continuación:

LotesAnualidade 1999

118.300.000

2 2.160.000

3 4.970.000

Total25.430.000

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701, A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego

de Promoción Económica