Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Villalonga V.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Villalonga V.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 81 O Grove D.

Data da concesión: 9-4-1975.

Data do remate da última prórroga: 20-5-2005.

Anteriores concesionarios: Ferreiro Fernández, Elisa (35.373.457) e Domínguez Portela, José (35.393.531).

Novo titular concesión: Domínguez Ferreiro, Enrique (35.312.365).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 5 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo