Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/108-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo Social: Avda.García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Belesar.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón e metálicos, desde o apoio 32 da actual L.M.T. ó C.T Belesar, rematando no C.T. existente de Belesar, concello de Baiona.

Resultando que realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios 7 e 14. O primeiro solicita que a ser posible se realice a instalación subterránea, e o segundo pide a expropiación enteira do seu predio.

Trasladadas as alegacións a Unión Fenosa esta contesta á primeira aclarando que na zona non existen vías preparadas para face-la instalción subterránea, e á segunda dicindo que aínda que o predio está afectado polo paso da liña, non queda inservible, sempre e cando se respecten as distancias regulamentarias establecidas, polo que non é posible a expropiación total.

En inspección realizada o día 19-5-1998, por facultativo desta delegación, comprobouse que a traza do proxecto da liña non está suxeita ás prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.

Considerando que os predios afectados non están suxeitos ás prohibicións ou limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, de acordo co contido do informe antes dito, e que o predio número 14, a pesar das limitacións que impón a servidume, pola superficie permite o seu aproveitamento futuro.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as careterísticas axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade

establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é suceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

delegada provincial de Pontevedra