Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.667

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, pola que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

Na sesión celebrada o día 1 de marzo, polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, convocada por Orde do 4 de xuño de 1998 (DOG do 25 de xuño) e de conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, acórdase:

Primeiro.-Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, ó non haberse presentado reclamacións polos interesados.

Segundo.-Publica-las ditas puntuacións que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Escola Galega da Administración Pública e do Instituto Galego de Estatística.

Para efectos de información o teléfono de contacto é 902 12 00 12 e 981 54 20 09, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas ós sábados.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

José A. Campo Andión

Presidente do tribunal