Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material de carpintería e tapicería para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 5/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: subministración sucesiva de material de tapicería e carpintería para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Orzamento estimado: 12.638.950 ptas. (doce millóns seiscentas trinta e oito mil novecentas cincuenta ptas.), IVE incluído.

75.961,62 euros (setenta e cinco mil novecentos sesenta e un con sesenta e dous euros), IVE incluído.

Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: un ano desde o 1 de maio ou data da sinatura do contrato, se fose posterior.

Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no punto 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

Criterios de adxudicación: os que se establecen no punto 7 da folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela