Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 3/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no

artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transplante.

Orzamento estimado: 33.000.000 de ptas. IVE incluído, (trinta e tres millóns de pesetas).

198.333,994 euros, (cento noventa e oito mil trescentas trinta e tres con novecentos noventa e catro euros).

Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: un ano desde o 1 de abril de 1999 ou data da sinatura do contrato, se é posterior.

Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos que se establecen no artigo 199 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas.

Admisión de variantes: consideraranse as ofertas que, mellorando as prescricións técnicas esixidas, non superen o orzamento máximo autorizado.

Solvencia económica e financeira: non se esixe.

Solvencia técnica: non se esixe.

Criterios de adxudicación.

-Prezo: ata un máximo de 5 puntos.

-Capacidade técnica da empresa: ata un máximo de 4 puntos.

Valoraranse entre outros:

-Tempo de resposta.

-Velocidade de voo do aparello/s.

-Dispoñibilidade do aparello/s.

-Melloras adicionais: ata un máximo de 1 punto.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría B.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes

das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela