Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/310-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cée.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Rivera de Mayo.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 165 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Portiño, a suprimir e remate no C.T. Rivera de Mayo, que se vai instalar. Centro de transformación en edificio vivendas, en Rivera de Mayo, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede subterránea, en conductor R.V. de 260 m de lonxitude. Muros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña