Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Ponte Baixo. Leiro.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 150, 95 e 50 mm Al, de 2.219 m de lonxitude, con orixe no C.T. Leiro 2 (expediente 27894) e discorrendo polos lugares de Visouteiro, O Valiño, O Picho, A Castela, A Granxa e O Patelo, da parroquia de Leiro. Miño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 1 de febreiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña