Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/219-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Aguiúncho-Sabadín.

Situación: Concello de Moraña.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, con conductor tipo P.A.S. 50, sobre apoios de formigón, de 558 m de lonxitude, desde o apoio 10 da L.M.T. Segad (liña 1) ata o C.T. que se proxecta en Aguiúncho-Sabadín, concello de Moraña. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T. aérea, de 266 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre e apoios de formigón, desde o C.T. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra