Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/215-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lantaño II.

Situación: Portas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 21 da L.M.T. tipo a Portas, rematando no C.T. proxectado de Lantaño II, Concello de Portas. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T. aérea, de 466 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. proxectado. R.B.T. aérea, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente de Lantaño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra