Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCION do 25 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto, pola tramitación de urxencia, para a contratación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Estatística.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 7/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Estatística en Santiago de Compostela.

b) División por lotes e número:

Lote I: infraestructura de rede para o IGE.

Lote II: equipos de interconexión de rede para o IGE.

c) Lugar de execución: edificio do Instituto Galego de Estatística en San Lázaro (Santiago de Compostela).

d) Prazo de execución:

Lote I: un mes.

Lote II: 1 día.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000) distribuídas en:

Lote I: cinco millóns setecentas cincuenta mil pesetas (5.750.000).

Lote II: seiscentas cincuenta mil pesetas (650.000).

5. Garantías.

Provisional:

Lote I: 115.000 ptas.

Lote II: 13.000 ptas.

Definitiva:

Lote I: 230.000 ptas.

Lote II: 26.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario, (Habilitación de Pagamentos).

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda