Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia contemporánea, do departamento de Historia, Arte e Xeografía, a prol de Luis Domínguez Castro, con documento nacional de identidade número 34.926.671, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Domínguez Castro profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia contemporánea, do departamento de Historia, Arte e Xeografía.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Vigo, 17 de febreiro de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo