Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de febreiro de 1999 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados Salvador Moreno de Pontevedra, María Inmaculada de Silleda, El Pilar de Vigo e Escuelas Nieto de Vigo.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros privados Salvador Moreno de Pontevedra, María Inmaculada de Silleda, El Pilar de Vigo e Escuelas Nieto de Vigo, nos que se solicita autorización definitiva para a súa apertura e funcionamento.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria correspondentes, que se remiten cos respectivos informes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.

Terceiro.-Antes do incicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 11 de febrero de 1999.

Celso Currás Fernández

Conlleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Enderezo: Salvador Moreno, nº 66.

Código do centro: 36006432.

Denominación específica: Salvador Moreno.

Titular: Junta Superior Acción Social de la Armada.

Composición resultante:

a) Centro educación primaria: 6 unidades.

b) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Silleda.

Localidade: Silleda.

Enderezo: María Colmeiro, nº 4.

Código do centro: 36009123.

Denominación específica: María Inmaculada.

Titular: Misioneras de la Doctrina Cristiana.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.

e) Centro de educación especial: 1 unidade (Psíquicos).

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Venezuela, nº 20.

Código do centro: 36011257.

Denominación específica: El Pilar.

Titular: Hermanos Maristas.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Lavadores.

Enderezo: Avda. Ramón Nieto, 247.

Código do centro: 36010356.

Denominación específica: Escuelas Nieto.

Titular: Fundación Benéfico Docente Escuelas Nieto.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 1 unidade.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de educación especial: 1 unidade (Psíquicos).