Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xaneiro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 15, do 25 de xaneiro de 1999, cómpre proceder á súa corrección.

Na páxina 803, na liña primeira do punto 5.1. correspondente ó anexo III Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria, que di: «Xustificar antes do 15 de outubro de 1998....», debe dicir:

«5.1. Xustificar antes do 15 de outubro de 1999...».

Na páxina 816, e polo que se refire ás especialidades correspondentes ás familias profesionais de química e sanidade, debe dicir:

Familia profesional:

-Química.

Especialidades:

-Análise e control.

-Química ambiental (1400 h).

Familia profesional:

-Sanidade.

Especialidades:

-Anatomía patolóxica e citoloxía (privª).

-Dietética.

-Documentación sanitaria (1400 h).

-Hixiene bucodental (1400 h) privada.

-Saúde ambiental.