Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1999 pola que anuncia concurso, con procedemento aberto, do proxecto de construcción de vivendas, nave-almacén e obras de urbanización do Grupo Martín Ballesteros de Betanzos.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas que rexerá para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, do proxecto de construcción de vivendas, nave-almacén e obras de urbanización do Grupo Martín Ballesteros, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente; simultaneamente, anúnciase concurso público, para a execución das obras comprendidas no anexo de características básicas, unido ó prego de condicións e que contén vivendas, nave-almacén, obras de urbanización e orzamento.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 02/99.

2. Obxecto do contrato:

Proxecto de construcción de vivendas, nave-almacén e obras de urbanización do Grupo Martín Ballesteros de Betanzos, que leva aparellado a realización do proxecto de execución consonte o prego de condicións.

a) Descrición do obxecto:

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Grupo Martín Ballesteros (Betanzos).

d) Prazo de execución (meses): catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 58.383.120 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 1, 2, 4, 6, categoría C.

b) Outros requisitos:

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar:

A que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

a) Lugar de presentación: Secretaría Xeral.

b) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó do transcurdo do prazo de licitación.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 21 de xaneiro de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente