Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía Presidencia, con data do 8 de febreiro do presente ano, dictou a seguinte resolución:

1. Aproba-la relación de propietarios e bens inmobles afectados polo expediente de delimitación de polígonos no ámbito do APE F8.01, e requiri-los propietarios para que presenten títulos suficientes para xustifica-la propiedade das parcelas:

Parcela 1.

Superficie total: 9.356,86 m.

Propietario: Goa Invest, S.A.

Domicilio: r/ Industrial-Sabón, 79, Arteixo.

Parcela 2.

Superficie total: 4.356,41 m.

Propietario: Ventorrillo Coruña, S.A.

Domicilio: r/ Gutemberg, 12, A Coruña.

2. Aprobar inicialmente a delimitación de dous polígonos, coincidentes cada un deles coas parcelas 1 e 2 respectivamente, no ámbito do APE F8.01.

3. Determinar como sistema de delimitación de actuación en ámbolos polígonos o de compensación, nos que os propietarios deben achega-los terreos de cesión obrigatoria, e realizarán pola súa conta a urbanización nos termos e condicións que se determinan no plan.

4. Somete-lo expediente a información pública por un prazo de vinte días, con citación persoal ós afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

P.D.

Alcalde