Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ós expedientes que se indican.

De conformidade co disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, este rector resolve facer públi

co o resultado das adxudicacións dos expedientes que se mencionan a continuación:

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

1. Obxecto do contrato: expediente 30/98.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: accesorios complementarios para o equipo de RMN do CACTI.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

3. Orzamento base de licitación: importe total: 7.500.000 ptas. IVE incluído.

4. Adxudicación:

a) Data: 13-1-1999.

b) Contratista: Bruker Española, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 7.500.000 ptas. IVE incluído.

1. Obxecto do contrato: expediente 407/98.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: instalación de iluminación nas pistas deportivas no campus universitario das Lagoas-Marcosende.

c) Boletín e data da publicación do anuncio de licitación:

DOG 10-9-1998.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación: importe total: 13.858.000 ptas.

4. Adxudicación:

a) Data: 14-1-1999.

b) Contratista: Elmi, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 9.756.000 pesetas, IVE incluído.

Vigo, 8 de febreiro de 1999.

P.D. (R. 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo