Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, do servicio de limpeza, desinsectación, desinfección e desratización do Hospital Psiquiátrico do Rebullón. (Expediente 5/1999).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

Expediente 5/1999:

1. Obxecto: contratación do servicio de limpeza, desinsectación, desinfección e desratización do Hospital Psiquiátrico do Rebullón.

2. Orzamento: 16.800.000 ptas./anuais, e 1.400.000 ptas./mensuais, IVE incluído, 100.970,03 euros/anuais, e 8.414,16 euros/mensuais.

3. Prazo de execución: desde a súa formalización e ata o 31 de decembro de 1999, podendo prorrogarse expresamente dentro dos límites do artigo 199.1º da LCAP.

4. Admisión de variantes: admitiranse variantes ou alternativas que cumpran as condicións do PPT.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

8. Criterios de adxudicación: ver cláusula 10 do PCAP.

9. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pódese solicitar na Sección de Contración Adtva. do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 60 28 e fax: 986 81 60 65.

10. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

11. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.

12. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

13. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 15 de febreiro de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo