Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de febreiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente administrativo de desafiuzamento por infracción da normativa vixente en materia de VPO 66/1998, por resultar descoñecido o domicilio do destinatario, ocupación sen título.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento da VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó prego ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite, seguindo o seu curso o expediente.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 1 de febreiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 66/1998 (ocupación sen título).

Adxudicatario: Juan Carlos Carballo González e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Padre Feijoo, bloque 27, portal 4, 3º Esq. (Ferrol).

(Expte. C-2-CD/1968, conta 1823).