Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Novo encanamento de abastecemento ó Grove. (O Grove-Pontevedra).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 102.149.766 ptas.

-Rede de sumidoiros en Fitoiro-terminación. (Chandrexa de Queixa-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Noceda, S.L.

Orzamento: 10.583.000 ptas.

-Depuración na zona norte do núcleo urbano de Covelo. (Covelo-Pontevedra).

Adxudicatario: Química Industrial Proquintas, S.A.

Orzamento: 9.203.349 ptas.

-Rede de sumidoiros en Toxal-terminación. (Porqueira-Ourense).

Adxudicatario: Excavaciones y Construcciones Eduardo Boan, S.L.

Orzamento: 22.619.031 ptas.

-Saneamento integral da praia de Perbes. (Miño-A Coruña).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 18.390.988 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia