Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a contratación da subministración de dúas unidades móbiles para a medida da contaminación atmosférica, polo sistema de concurso público, procedemento aberto.

1. Orzamento máximo: 50.000.000 de pesetas, IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: un mes.

3. Fianza provisional: 1.000.000 de pesetas.

4. Fianza definitiva: 2.000.000 de pesetas.

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 21 de abril de 1999, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre de proposición económica a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, ás 12 horas do día 30 de abril de 1999.

9. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos licitadores, para o seu exame e recollida, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Basquiños nº 2, Santiago de Compostela.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán pola conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente