Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso público, procedemento aberto, da subministración dun sistema de cromatrografía de gases adaptado á desorción térmica con detector espectrofotométrico de masas.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: subministración dun sistema de cromatografía de gases adaptado á desorción términa con detector espectrofotométrico de masas..

2.2. Prazo de execución: un mes.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 12.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Fianza provisional: 2% do orzamento da contrata (240.000 pesetas).

5. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata (480.000 pesetas).

6. Documentación e información:

6.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

6.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente