Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de acordo de iniciación do procedemento sancionador de fraudes ICA-OU-85/98-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifíqueselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción do Decreto 835/1972, sobre o Regulamento da Lei do viño, viñas e alcohois (BOE nº 86, do 10 de abril), posto que intentada a notificación, esta non a puido practicar o servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a María Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación. O réxime de recusación da persoa nomeada é o establecido no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial.

O interesado disporá dun prazo de quince días para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería en Ourense, sita na rúa Florentino López Cuevillas, 4-6 baixo, e presentar cantas alegacións, documentos ou informacións estime conveniente, e, se é o caso, propoñer proba.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle notifica de acordo coa normativa anteriormente citada.

Ourense, 22 de xaneiro de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: ICA-OU-85/98-V.

Interesado: Ourensana de Bebidas, S.L.

Último enderezo coñecido: polígono industrial, 32901 San Cibrao das Viñas.

Feitos denunciados: defectos de etiquetado, falta de libro rexistro de embotellado e non presentar declaración de existencias o 31 de agosto.

Tipificación da infracción: artigo 2 do R. (CEE) 2392 do Consello do 24 de xullo de 1999, Art. 5.6º do R. (CEE) 3201/1990 da Comisión do 16 de outubro de 1990. Art. 11 do R. (CEE) 2238/1993 en relación coa Orde do 20 de maio de 1994 e o Art. 7 da Orde do 12 de xuño de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria; Art. 121.1º do Decreto 835/1972, Regulamento das viñas, viño e alcohois.

Sanción: 113.515 pesetas.