Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias OU-T-155/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1995, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións.

Noméase instructor do procedemento a Manuel Pérez González, funcionario desta delegación; o réxime de recusación da persoa nomeada é o establecido no artigo 29 de Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial.

O interesado disporá dun prazo de quince días para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería en Ourense, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, e presentar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, se é o caso, propoñer proba.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento da sanción poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle notifica de acordo coa normativa anteriormente citada.

Ourense, 22 de xaneiro de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-155/98.

Interesado: Fidel Ares Míguez.

DNI: 34.947.121R.

Último enderezo coñecido: rúa Río Mao, nº 30-2º B, Ourense.

Feitos denunciados: non te-lo vehículo utilizado para transporte de gando inscrito no rexistro desta delegación provincial.

Tipificación da infracción: artigo 5.2º da Orde do 4 de abril de 1997 (DOG do 17), e artigo 52 do Regulamento de de epizootias, en relación co artigo 224.

Sanción: 10.000 pesetas.