Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.505

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de xaneiro de 1999 pola que se convocan probas selectivas para cubrir 2 prazas de traductor, 1 polo sistema de promoción interna e 1 polo sistema de acceso libre.

Advertido erro na antedita convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o 5 de febreiro de 1999 (nº 24), e visto o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede face-las correccións que se indican:

Anexo III. Presidente titular, onde di: «José Ramón Leis Fidalgo, vicerrector de Investigación e do Terceiro Ciclo», debe dicir: «José Ramón Leis Fidalgo, vicerrector de Investigación e do Terceiro Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela».

Anexo III. Secretaria titular, onde di: «Dulce Mª García Mella, funcionaria da escala técnica de xestión da Universidade de Santiago de Compostela», debe dicir: «Dulce Mª García Mella, funcionaria da escala técnica de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto».

Anexo III. Secretaria suplente, onde di: «Mª Jesús Montero Pérez, funcionaria da escala administrativa

da Universidade de Santiago de Compostela», debe dicir: «Mª Jesús Montero Pérez, funcionaria da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto».